viernes, 14 de octubre de 2011

ENCUENTRO EN REUS, 4º DÍA

Un dos obxectivos  do noso proxecto "Un bosque para leer y navegar" é coñecer os bosques autóctonos das comunidades asociadas. Esta vez como estamos en Reus toca estudar "O Bosque Mediterráneo". Para achegarnos a este bosque o colexio anfitrión deste encontro seleccionou un lugar cun encanto e riqueza extraordinario, como poderedes ver o longo do seguinte artigo.
O lugar elixido foi O Espazo Natural protegido  Punta de la  Mora, tamén chamado bosque da marquesa. É un dos poucos bosques mediterráneos que quedan intactos. Nel podemos ver: sabina, margalló, carrasca, pino mediterráneo, olivos, ardillas...
Despois dunha viaxe curta en bus, facendo un precorrido pola cidade de Tarragona chegamos en autobús a Praia Larga, chámase así por ser unha das praias máis largas de Tarragona, tres quilómetros de precioso areal.
Todos os socios da agrupación xuntámonos no inicio desta praia e puxémonos a camiñar ata o final. Temperatura excelente e unha augua cristalina. O final da praia atópase o espazo natural elixido polo que transcurriría o noso paseo, ata completar 6 quilómetros de camiñada. Rematamos na praia de la Mora.

O paseo foi sinxelamente espectacular, como podedes ver nas seguintes imaxes.


Voltamos a comer á Marinada todos xuntos, onde nos despedimos dos nosos amigos/as de Reus, por suposto houbo choros, moitos choros, non podía ser doutro xeito.
Mañá venres, derradeira xornada, tocará despedirnos do resto da expedición, facer maletas, etc

No hay comentarios:

Publicar un comentario