domingo, 16 de octubre de 2011

ENCUENTRO EN REUS, ÚLTIMO DÍA

A primeira hora, despois de almorzar, tocou facer as maletas, canto custou!... non cabía nada. Parecía que a roupa medrara. Despois de conseguilo, marchamos cara Á praia para darnos o derradeiro baño no Mediterráneo. Cando rematamos de xantar e descansamos un pouquiño, tocou despedirnos da piscina e dos compañeiros/as.

Os de Vigo quedamos os últimos na casa de colonias e aproveitamos para facer as derradeiras fotos, que nos axudarán a non esquecer o noso paso pola Marinada, antes de coller o bus que nos levaría a estación de Camp de Tarragona

Ás 9 do serán comenzou a nosa viaxe que nos levaría de volta a casa
E despois de 14 horas de viaxe, as 11:30, chegabemos a Guixar, alí esperábannos os pais, nais e demáis familiares cunha pancarta. Unha benvida en toda regra, non pensades????
E con esto damos por rematada a nosa viaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario